Eventos

II Andaina Cultural Camiño de Nós

Este sábado, 1 de outubro, terá lugar a II Andaina Cultural Camiño de Nós que terá lugar no Carballiño e que nos permitirá recordar un importante evento do pasado.

No ano 1926, algúns dos escritores máis importantes de Ourense fixeron unha peregrinación que os levou pola zona que percorrerá esta andaina. Naquel grupo destacaban nomes como Vicente Risco, Xavier Pardo, Antón Sánchez ou Ramón Otero Pedrayo.

II Andaina Cultural Camiño de Nós

Para poder revivir este feito histórico, temos a posibilidade de participar nesta andaina de pouco máis de 6 quilómetros de lonxitude. A saída será na Praza Maior de O Carballiño ás 11h. Tras pasar polas localidades de A Costiña, Ponte Veiga, Barro ou Pazo de Madarnás, o remate terá lugar na Insua dos Poetas.

II Andaina Cultural Camiño de Nós

Á chegada do grupo, os participantes poderán degustar produtos da zona mentres recuperan folgos. A inscrición nesta actividade é de balde escribindo ó correo oixcultura@carballiño.com

Botón volver arriba