Noticias

Inauguran o Parque Acuático de Monterrei

Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, e Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense, inauguran o Parque Acuático de Monterrei no que o goberno autonómico investiu preto de nove millóns de euros.

Estas instalacións foron obxecto dunha profunda remodelación nos últimos anos que permitirá ós usuarios gozar de novos elementos de lecer.

Inauguran o Parque Acuático de Monterrei

No ano 2023, as instalacións abriron durante un breve período para que os cidadáns da contorna puidesen aliviar as altas temperaturas. Unhas 23.000 persoas pasaron por estas instalacións no mes de agosto de 2023 para deixar claro que este segue a ser un dos destinos preferidos da poboación durante os meses de verán.

A apertura no ano 2024 terá varias novidades para os usuarios que atoparán zonas de xogos infantís e catro novas atraccións acuáticas. Novos tobogáns e tubos para deslizarse sobre láminas de auga forman parte da oferta lúdica deste espazo recreativo.

Novas instalacións nas piscinas de Monterrei

Tamén estarán en funcionamento novos vestiarios, sendas peonais e un aparcamento interior que se suma ó xa existente no exterior do recinto.

O alumnado do Colexio Miraflores foron os que estrearon estas instalacións baixo a atenta mirada do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o presidente da Deputación de Ourense e alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor. «Temos que darlle unha nova vida, dinamizar e dar oportunidades ao interior de Galicia e ese é un magnífico exemplo» indicou Alfonso Rueda.

Inauguran o Parque Acuático de Monterrei
Foto: Xunta.gal

Luis Menor, alcalde de Pereiro de Aguiar destacou a importancia destas instalacións sinalando que «máis da metade da poboación da nosa provincia, máis de 150.000 persoas, están a 20 minutos en coche ou menos».

Prezo da entrada no Parque Acuático de Monterrei

O prezo da entrada para acceder ó Parque Acuático de Monterrei varía en función de varios factores. Familias numerosas, persoas con discapacidade ou grupos de máis de 25 persoas poderán mercar as súas entradas con prezos reducidos.

  • Entrada individual
    menores de 18 anos – 2€
    maiores de 18 anos – 4€
  • Bonos para dez xornadas
    menores de idade – 15€
    maiores de idade – 30€
  • Entradas con desconto
    menores de 3 anos – de balde
    familias numerosas – 50% de desconto
    persoas con discapacidade – 50% de desconto
  • Entradas para grupos (máis de 25 persoas)
    menores de idade – 1,5€
    maiores de idade – 3€
Foto: Xunta de Galicia

Onde mercar as entradas

A adquisición das entradas para acceder ó Parque Acuático de Monterrei pode realizarse na web www.osventos.com/monterrei ou nas propias instalacións do complexo.

Horario do Parque Acuático de Monterrei

O horario do Parque Acuático de Monterrei será en horario ininterrumpido desde as 12 do mediodía ata as 21h. Este horario será durante todos os días de semana desde o 20 de xuño ata o 15 de setembro de 2024.

Botón volver arriba