Noticias

Jácome renuncia á Deputación para centrarse na Alcaldía

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, renunciou ao seu acta como deputado provincial para priorizar a súa dedicación á Alcaldía e facilitar un relevo dentro de Democracia Ourensana na institución provincial.

Segundo comunicou o propio rexedor, a decisión responde a un único motivo: “propiciar un relevo para que outro concelleiro de Democracia Ourensana sexa máis participativo na labor de deputado provincial”, en referencia ao traballo en plenos e comisións informativas.

Jácome renuncia á Deputación para centrarse na Alcaldía

Pérez Jácome xustifica a renuncia no contexto do calendario electoral. A falta de 17 meses para as eleccións municipais e coa previsión de comicios xerais e autonómicos nos vindeiros dous anos, considera necesario focalizar os seus recursos políticos e de xestión.

Jácome renuncia á Deputación para centrarse na Alcaldía

O alcalde de Ourense sinala a dificultade para compatibilizar o cargo provincial coa Alcaldía de Ourense, que define como a súa principal responsabilidade institucional.

Desde Democracia Ourensana trasladan que o relevo permitirá reforzar a presenza activa do partido na Deputación de Ourense, mentres o alcalde concentra os seus esforzos na xestión municipal e na preparación do próximo ciclo electoral.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.