O artista Juan Carballo celebrará o seu XX aniversario artístico en Ourense cunha nova xira e a presentación do libro Carvalhoski.
O poeta “portugalego” iniciou este 2026 unha xira que o levará por Galicia e Portugal ao longo de todo o ano.
Juan Carballo celebra 20 anos en Ourense
O libro, editado por Editorial Medulia, xa está dispoñible nas librarías galegas. A próxima presentación será o venres 6 de marzo de 2026 ás 20:00 h no Liceo de Ourense.

O espectáculo afástase da lectura tradicional e aposta por unha proposta escénica próxima ao monólogo, combinando performance e recitado dramatizado. Juan Carballo suma nove publicacións e doce xiras en dúas décadas de traxectoria entre literatura e música.


