Un talento musical sen límites foi o que varios artistas puxeron a prol da AECC no concerto celebrado onte no Liceo de Ourense.
José Luís Troitiña celebrou un concerto solidario no Salón Noble do Liceo de Ourense onde contou coa participación de varios artistas que non quixeron perder a oportunidade de cantar por unha boa causa.
Talento musical a prol da AECC
Cun repertorio de algo máis dunha ducia de cancións, Troitiña fixo un percorrido por varios estilos e épocas para dar forma a un concerto no que o público gozou de principio a fin.
Ademais das interpretacións que o noso protagonista realizou e nas que demostraba unha perfecta conxunción da voz e a guitarra, nalgúns temas contou coa colaboración de destacados artistas de Ourense.
Entre as voces que acompañaron a José Luís Troitiña estiveron Emilio Rúa, Belén Monís e Iria Calviño. Estas voces, sobradamente recoñecidas, ofreceron ó público unhas interpretacións de primeiro nivel. Nas actuacións conxuntas que cada un deles realizou con José Luis Troitiña, foron capaces de transmitir ó público unha sensibilidade que provocou un regueiro de emocións entre os asistentes.
Vídeo de Marina Sánchez
Vídeo publicado no canal de youtube de Marina Sánchez