Noticias

Juan Ramón Álvarez será o candidato á alcaldía de Laza

Juan Ramón Álvarez será o candidato do partido socialista á alcaldía de Laza nas eleccións municipais do 28 de maio de 2023.

«A loita contra o despoboamento» é un dos obxectivos principais na axenda do candidato do PSdeG-PSOE que mostra con números a situación de Laza.

Juan Ramón Álvarez será o candidato á alcaldía de Laza

“En 2000 en Laza había un censo de 2027 persoas» situación que na actualidade «empeorou de forma drástica, xa que no último censo de 2022 atopámonos cun total de 1205 veciños». Estas cifras mostran «a grave crise demográfica dun concello que en apenas 20 anos perdeu un 50% da súa poboación».

Juan Ramón Álvarez será o candidato á alcaldía de Laza
Foto: PSdeG-PSOE

Para o reto que supón lograr a alcaldía, Juan Ramón Álvarez conta «cun equipo de persoas con gran entusiasmo, gran capacidade e con moitas ganas de traballar día a día porque Laza medre e consiga reverter a súa situación demográfica».

Botón volver arriba