O escritor Justo Calviño presentará o seu novo libro «Cuniupuyara» no Liceo de Ourense o próximo 15 de outubro.
Esta obra literaria chega dous anos despois da presentación de «Os contos do avó«, libro que tivo unha gran acollida entre os lectores.
Justo Calviño presentará Cuniupuyara no Liceo de Ourense
A nova proposta literaria creada por Justo Calviño trasládanos ó outro lado do Atlántico, espazo onde transcorren as historias narradas nesta novela.
«O frío e a calor, a atonía e o rixo, o imaxinado e o tanxible, o rancor e o agarimo, a crueldade e a bondade, a posesión e a liberación, o fracaso e o éxito, a morte e a vida, todos estes conceptos, dispares e contrapostos, aglutínanse nesta novela, emerxendo do pensar e decidir duns galegos ousados, xenerosos, inquebrantables e incombustibles; así coma nas persoas de toda condición e raza que se cruzan no seu camiño», sinala o autor sobre o contido da obra.
O Salón Noble do Liceo de Ourense acolle a presentación de Cuniupuyara o martes, 15 de outubro, a partir das 20h. O evento contará coa intervención de José Luis Troitiña Mota, xerente do Liceo de Ourense, e de Justo Calviño, autor da obra.