Ante a proximidade do Día do Libro, mostramos a lectura que recomenda a actriz de Ourense Antía Vidal Salgado.
Ourensenarede pediulle que nos recomendase un libro que poida ser de interese para outras persoas e que nos indicase as razóns polas que o recomenda.
O Día do Libro é unha celebración significativa que promove a lectura, a educación e a cultura ao redor do mundo. Esta data especial resalta a importancia dos libros como fonte de coñecemento, imaxinación e entretemento, mentres honra o legado de grandes autores e obras literarias.
A lectura que recomenda Antía Vidal
Cústame moito recoller un so libro que recomendar porque sempre estou lendo varios a vez, as veces non dou feito con tanta lectura, así que hoxe vou recomendar dous e sen dar moito a brasa porque penso que cada quen ten que descubrir o que libro ten que mostrarlle.
«Los siete maridos de Evelyn Hugo«
O primeiro é un libro que sacoume dun bloqueo lector, e que fixo que me adentrara no old Hollywood a través da vida dunha lexendaria actriz e dunha maneira totalmente aditiva, sen poder apartar a mirada das páxinas. “Los siete maridos de Evelyn Hugo”
«Ninguén morreu de ler poesía» de Aldaolao (Lucia Aldao e Maria Lado)
E a miña segunda recomendación é “Ninguén Morreu de ler poesía” de Aldaolao, unha Dupla de mulleres poetas e artistas con maiúsculas, cun talento inmenso e unha maneira de contar a través da poesía a vida que é precioso. Para min é poesía moi cercana, moi punki e moi da Nosa xeración, Cunha calidade brutal. E non vexades como son en directo, flipades!!! En definitiva unhas tías chulísimas facendo cousas chulísimas.