Eventos

Loiro organiza unha festa Mexicana

A Asociación Loiro na Memoria organiza unha festa Mexicana cunha cea, actuación musical e festa latina ata a madrugada.

Este venres, 2 de agosto, Loiro mudará a súa nacionalidade para abrazar a cultura Mexicana mediante a súa gastronomía e a súa música.

Loiro organiza unha festa Mexicana

A partir das 22h comezará a Cea Mexicana que contará con espectáculo en directo. O restaurante «El Mexicano» será o encargado de preparar esta mostra da cociña mexicana. Julio Milamores ofrecerá o espectáculo musical a partir das 23h.

Este artista ofrecerá unha selección das rancheiras máis populares intercalando doses de humor e imitacións dos grandes artistas latinos. Os interesados en asistir a este espectáculo sen participar na cea terán que abonar unha entrada de 15€ (consumición incluída).

Loiro organiza unha festa Mexicana

A partir das 01:00h, os asistentes gozarán dunha festa latina con acceso libre. Os mellores éxitos da música Pop-latina soarán ata que o corpo aguante.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.