Noticias

Luc André Diouf aposta en Ourense por unha xestión compartida das migracións

O PSdeG-PSOE de Ourense organizou este serán en Celanova un encontro aberto á cidadanía sobre inmigración, que contou coa participación do secretario de políticas migratorias e refuxiados da CEF do PSOE e deputado no Congreso, Luc André Diouf.

O acto reuniu a numerosas persoas chegadas de diferentes puntos da provincia e destacou pola activa interacción entre o público e o poñente.

Luc André Diouf aposta en Ourense por unha xestión compartida das migracións

Durante a súa intervención, Diouf cualificou Galicia como “terra de emigrantes”. Lembrou anteriores visitas a Ourense para reunirse con colectivos e participar en actos organizados polo PSdeG-PSOE.

Luc André Diouf aposta en Ourense por unha xestión compartida das migracións
Foto: PSdG

O deputado apostou por unha “xestión compartida” das migracións entre os países de orixe, tránsito e destino. Tamén puxo en valor o traballo dos gobernos socialistas para acadar “unha migración legal e segura”, fronte á “ameaza crecente da dereita e a ultradereita”.

Os movementos migratorios

O parlamentario destacou que os movementos migratorios “son estruturais e non conxunturais”. Sinalou que máis do 40% das persoas africanas que emigran a Europa fano por motivos económicos, e outras por causas como o cambio climático, as guerras ou a inestabilidade política. Nese sentido, advertiu que Europa seguirá recibindo migrantes mentres non haxa máis equidade, respecto polos dereitos humanos e liberdade en África.

Diouf tamén defendeu a necesidade de permitir as dobres nacionalidades e de promover políticas circulares que faciliten o traballo temporal dos migrantes. “Todas as melloras en política migratoria son obra do PSOE”, asegurou. Subliñou ademais que a poboación migrante contribúe a reequilibrar o reto demográfico: “España é o segundo país máis vello do mundo despois do Xapón, e grazas aos migrantes mantemos o noso equilibrio social e económico”. Engadiu que este colectivo achega o 4% do PIB nacional.

Luc André Diouf aposta en Ourense por unha xestión compartida das migracións
Foto: PSdG

O deputado fixo un chamamento á participación activa das persoas inmigrantes na vida política. “Hai máis de cinco millóns de emigrantes vivindo en España, temos que ser partícipes do cambio que queremos. Ten que haber máis Luc André”, declarou, animando a implicarse dende dentro das institucións. “O PSOE é o único partido que ofrece eses espazos de participación”, dixo, en contraste coas políticas da ultradereita “que ameazan o país plural e diverso que coñecemos”.

Desde a Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense valoraron “moi positivamente” a visita de Luc André Diouf. Destacan que estes encontros buscan “fomentar o diálogo e a reflexión cidadá sobre temas de especial relevancia como a migración”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.