Luis Fernández Gudiña repite como candidato do PSdG-PSOE na Rúa, concello onde xa foi alcalde entre os anos 2017 e 2019 e sobre o que ten «fondas preocupacións».
As preocupacións do candidato socialista teñen relación cos servizos municipais que «veñen deteriorándose dunha maneira palpable nos últimos tempos«.
Luís Fernández repite como candidato na Rúa
Nas eleccións municipais do 28 de maio, Luis Fernández ten o obxectivo de «abrir» o concello pois «vimos observando ao longo desta lexislatura que existe un gran descontento no municipio pola forma de xestionar que ten o actual equipo de goberno».
Entre as prioridades que se marca en caso de gobernar, Luis Fernández destaca a «humanización dos núcleos de poboación que temos, para que os veciños e veciñas poidan ter unhas infraestruturas acordes aos tempos que corren».