Colaboraciones

Ourense socialista, un soño colectivo imparable para o 2023

Ourense socialista, un soño colectivo imparable para o 2023 – Artigo de Natalia González Benéitez, secretaria xeral da Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense

Fai case 10 meses asumía a Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE de Ourense. Comezaba un gran reto persoal e político como era o de devolver a normalidade, a unidade e revitalizar a agrupación municipal máis numerosa e importante de Galicia.

Ourense socialista, un soño colectivo imparable para o 2023

Grazas ao traballo e ao compromiso da equipa humana e profesional da Comisión Executiva Municipal e da nosa militancia, da cooperación cos nosos representantes institucionais, do apoio dos compañeiros e compañeiras de toda Galicia e doutros lugares de España, e do propio PSdeG, estamos no camiño correcto para recuperar a confianza da cidadanía e para afrontar o noso maior reto colectivo: revalidar as alcaldías das grandes cidades galegas, e que Ourense volte a ter un goberno municipal liderado polo Partido Socialista a partir do mes de maio.

Ourense socialista, un soño colectivo imparable para o 2023

Estabamos e estamos obrigados a estar á altura, a cidadanía de Ourense pedíanos responsabilidade, xenerosidade e que o Partido Socialista volvera, deixando a un lado os personalismos, facendo política con valentía e cercanía, a carón das persoas.

O máis difícil está conseguido. Hoxe temos o mellor candidato posible, escoitamos á cidadanía e fomos valentes e xenerosos para que dunha vez por todas Ourense estea no mapa e volva a esperanza e a ilusión, ao partido e á cidade.

Neste senso cómpre que fagamos dous recoñecementos especiais.
Á dirección do partido, con Valentín González Formoso á fronte. Por demostrar que Ourense sí importa, polo seu tempo e dedicación, por devolver a dignidade e a humanidade á nosa organización política e por apostar polo que Ourense se merece.
E ao noso compañeiro Paco Rodríguez, un dos grandes referentes do socialismo ourensán e do país, ao que todos e todas xuntas imos arroupar para que sexa novamente Alcalde de Ourense.

Volta o PSdeG en Ourense con máis forza ca nunca, contade con nós para todo, nós loitaremos para que Ourense volva a contar e iso só sabemos facelo dunha maneira: xuntos e xuntas, da man dos veciños e veciñas, só así, seremos imparables.
A por un 2023 no que Ourense volva a soñar.

Natalia González Benéitez, secretaria xeral da Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense

Botón volver arriba