Luís Seara, portavoz do BNG no concello de Ourense, valora a renuncia de Manuel Cabezas como concelleiro do Partido Popular.
«O que o BNG leva dicindo desde hai anos. PP e DO son as dúas caras dunha mesma moeda e o pacto entre PP e Jácome, por arriba, vai máis aló do que aparece escrito e asinado» sinala Seara.

Nese sentido, Luís Seara continúa destacando que «Cabezas foi un instrumento do que se serviron os Populares para salvar a Deputación, pero logo do estrepitoso fracaso electoral, agora resulta incómodo».