Noticias

Luis Seara viaxou a Lleida para coñecer novos modelos de xestión de residuos

Luis Seara, candidato á alcaldía polo BNG, viaxou a Lleida para coñecer os novos modelos de xestión de residuos que se puxeron en marcha nesta cidade.

Nesta viaxe, o candidato á alcaldía está acompañado por Xosé Carballido, integrante da candidatura ás eleccións municipais do 28 de maio.

Luis Seara viaxou a Lleida para coñecer novos modelos de xestión de residuos

«Coñecer novas experiencias de xestión no referido tanto á rehabilitación e posta en valor das zonas históricas e no caso de Lleida, as similitudes con Ourense son moitas, como por coñecer os novos modelos de recollida e tratamento de residuos impulsados desde este concello e a Generalitat e que ao noso entender cobran gran importancia tendo en conta que en Ourense a concesión deste importante servizo está nestes momentos caducada», indicou Seara.

Luis Seara viaxou a Lleida para coñecer novos modelos de xestión de residuos

A axenda desta viaxe incluíu un paseo polo centro histórico de Lleida acompañados de Miguel Pueyo, alcalde da localidade. Despois, levaron a cabo unha reunión co concelleiro de Transición ecolóxica sobre os novos modelos e contratos de recollida de residuos. Para rematar, Seara e Carballido reuníronse con membros da executiva local de ERC en Lleida.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.