Noticias

O PP presentou a súa candidatura en Barbadás

O PP presentou ós membros da súa candidatura en Barbadás para as eleccións municipais que terán lugar o 28 de maio.

Nun acto que tivo lugar no Parque dos Patos da Valenzá, o Partido Popular presentou ás persoas que forman parte da súa candidatura.

O PP presentou a súa candidatura en Barbadás

Manuel Baltar, presidente provincial do PP, acompañou á candidata Chelo Vispo que encabeza a candidatura por terceira vez. Tras anos no goberno, o Partido Popular perdía en 2015 a alcaldía de Barbadás sendo Chelo Vispo a candidata naquel momento.

Ante a próxima cita electoral, Vispo indica que «o 28 de maio, Barbadás dará un paso decisivo para volver a ser un concello moderno, dinámico e atractivo».

O PP presentou a súa candidatura en Barbadás
Foto: PP de Ourense

O grupo de persoas que a acompaña ten «un gran proxecto para devolver o esplendor ao noso concello, porque nós sabemos como xestionar con decisión e eficacia os problemas que preocupan á veciñanza de Barbadás».

Botón volver arriba