Noticias

A oposición impulsa a compra dun desfibrilador para Barbadás

A oposición de Barbadás impulsa a dotación dun desfibrilador semiautomático (DESA) para a Policía Local, co obxectivo de mellorar a resposta ante posibles paradas cardiorrespiratorias.

Esta iniciativa, promovida polos concelleiros non adscritos Manuel Ángel Fernández Quintas e José Luis Dorribo Prado, dá continuidade á moción aprobada en xullo para avanzar cara a un “Barbadás cardioprotexido”, con desfibriladores en instalacións municipais e formación en RCP.

A oposición impulsa a compra dun desfibrilador para Barbadás

Na doazón participaron tamén edís do PSOE, BNG e Partido Galego. O dispositivo estará na Xefatura da Policía Local, próxima ao Centro Social Fonval, ao CEIP Filomena Dato e á Escola Infantil Municipal, facilitando o seu traslado ante unha emerxencia.

Foto: Concelleiros non adscritos de Barbadás.

Os concelleiros reclaman agora ao Goberno municipal que amplíe a instalación de DESA e impulse a formación da cidadanía no seu uso e nas técnicas de reanimación cardiopulmonar.

A adquisición foi financiada mediante a doazón voluntaria das indemnizacións de parte dos concelleiros tras a celebración dun pleno extraordinario, como mostra de responsabilidade política.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba