Noticias

O PSOE pide dinamizar o Museo Etnográfico de Loiro

O PSdeG-PSOE de Barbadás levará ao pleno do vindeiro luns, 5 de outubro, unha moción para impulsar a apertura ao público e a posta en valor do Museo Etnográfico de Loiro.

A proposta reclama establecer horarios regulares de apertura, organizar visitas guiadas e actividades para centros educativos e asociacións, e mellorar o mantemento, accesibilidade e promoción do equipamento.

O PSOE pide dinamizar o Museo Etnográfico de Loiro

O museo reúne unha colección sobre a vida cotiá, os traballos do campo, os antigos oficios, a escola e os costumes sociais do século XX, ademais de máis de 400 fotografías.

O PSOE pide dinamizar o Museo Etnográfico de Loiro
Foto: Loiro na Memoria.

A concelleira socialista Ana Belén Peleteiro defende que “o Museo Etnográfico de Loiro é unha oportunidade que Barbadás non pode deixar pasar” e considera que pode converterse nun recurso cultural e turístico de referencia.

O PSdeG-PSOE propón integrar o museo na oferta turística municipal e crear sinerxías coa hostalaría e o comercio. Tamén reclama colaboración da Xunta e da Deputación de Ourense para financiar a súa dinamización e unha planificación anual con dotación orzamentaria estable.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba