Luz Darriba, pintora, escritora e ilustradora, dará unha conferencia no Liceo de Ourense dentro do programa do Ano Cultural que organiza a plataforma «Non ao pecha da UPO».
Esta nova cita terá lugar o xoves, 20 de outubro, ás 20:15h e terá como título: «A transcendencia do efémero. Arte, feminismo, acción política».
Luz Darriba dará unha conferencia no Liceo de Ourense
A plataforma cidadá «Non ao peche da UPO» está programando numerosas actividades nos últimos meses. A súa continua reivindicación para a recuperación da Universidade Popular segue adiante a través da programación do Ano Cultural.

Luz Darriba gañou o XIV Certame de Narración Curta Ánxel Fole, Premio Cultura Galega de Artes Plásticas entr outros premios. Na actualidade forma parte da Comisión de Igualdade da Cultura Galega.