Noticias

Maceda inaugura unha obra de máis de dous millóns de euros

O concello de Maceda inaugura unha obra que supuxo unha inversión de máis de dous millóns de euros para dotar ó concello dunha renovada EDAR.

Mediante as obras de renovación da EDAR (estación depuradora de augas residuais), Maceda garante o tratamento do 100% das augas residuais urbanas.

Maceda inaugura unha obra de máis de dous millóns de euros

No acto de inauguración das obras de mellora estiveron presentes o alcalde de Maceda, Rubén Quintas, o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, e o Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González.

Maceda inaugura unha obra de máis de dous millóns de euros
Foto: CHMS

A inversión realizada (2.136.000€) foi financiada polo Fondo Europeo de Desarrollo Rexional (FEDER). A construción de dous novos decantadores secundarios e a ampliación da capacidade do reactor biolóxico logran o obxectivo de aumentar a capacidade da carga contaminante a depurar.

Maceda inaugura unha obra de máis de dous millóns de euros
Foto: CHMS

“Una vez instalados los equipos que mejorarán el funcionamiento de la depuradora, en noviembre se dieron por concluidas las obras, se puso en funcionamiento la planta y se inició la explotación por la empresa adjudicataria durante los 3 meses de prueba, trasladando un resultado óptimo con las actuaciones ejecutadas en este proyecto que hoy inauguramos” explicou o presidente da CHMS.

Botón volver arriba