Deportes

Máis de 200 ciclistas participaron na Ruta do Cocido de Trasmiras

Máis de 200 ciclistas procedentes de toda Galicia e incluso de Euskadi participaron na XII Ruta BTT do Cocido que tivo lugar no concello de Trasmiras.

A actividade tivo lugar onte, 15 de xaneiro, cunha temperatura de 3 grados ó inicio da proba. O club BTT Nocelo foi o responsable de organizar esta proba deportista coa colaboración do concello de Trasmiras.

Máis de 200 ciclistas participaron na Ruta do Cocido de Trasmiras

Tras un pequeno recorrido polas rúas de Trasmiras, os participantes podían escoller entre unha ruta de 28 quilómetros ou a opción longa de 49 quilómetros. O estado das rutas foise deteriorando ó paso das bicicletas dando lugar a zonas embarradas que facían máis pesado o paso dos participantes. Un chocolate quente e bica agardaban no Pavillón Polideportivo pola chegada dos participantes.

Máis de 200 ciclistas participaron na Ruta do Cocido de Trasmiras

Rematada a proba, todos os ciclistas celebraron un xantar nun restaurante da localidade. O prato, como non, un excelente cocido. Durante o transcurso do xantar, tiveron lugar numerosos sorteos e a entrega de obsequios ó participante máis lonxevo e o club con máis participantes.

Botón volver arriba