Mateo Rodríguez encabezará a candidatura socialista en Beade coa intención de confirmar o incremento de votos que lles permita acadar a alcaldía.
No mes de maio de 2023 celebraranse as eleccións municipais. No concello de Beade, o PSdeG-PSOE apostará por unha persoa xove para encabezar a súa candidatura.
Mateo Rodríguez encabezará a candidatura socialista en Beade
«Traballar entre todos por facer un Beade mellor, por atraer á mocidade, por axudala, por promover a natalidade, por apoiar aos nosos maiores e dependentes, e sobre todo, por mellorar a imaxe deste municipio e da súa contorna» son os eixes fundamentais do candidato socialista.
Ante un dos problemas principais da maioría dos concellos, Mateo Rodríguez aposta por «atraer poboación e mocidade que queira vivir aquí e a que lle facilitariamos os trámites para poder establecerse e que deste xeito se decanten polo noso concello, porque ao final se a xente se establece, paga impostos e ten fillos o que propiciará futuro para Beade».