Noticias

A Diocese de Ourense presenta a súa Memoria 2024 e entrega as Medallas Pro Ecclesia

O Auditorio Municipal do Carballiño acolleu o xoves, 6 de novembro, a presentación da Memoria de Actividades da Igrexa en Ourense 2024, un acto de transparencia e encontro que amosa o labor pastoral, educativo e social que a Diocese realiza ao longo do ano.

A memoria recolle o traballo de 229 sacerdotes, 271 relixiosos e 865 catequistas. Tamén de centos de voluntarios que dedican tempo e esforzo ao servizo dos demais movidos pola súa fe.

A Diocese de Ourense presenta a súa Memoria 2024 e entrega as Medallas Pro Ecclesia

O documento reflicte a intensa actividade diocesana en ámbitos como:

  • pastoral familiar e xuvenil,
  • vida consagrada,
  • acción caritativa e social,
  • educación,
  • as misións,
  • os sacramentos ou
  • a conservación do patrimonio cultural e relixioso.
A Diocese de Ourense presenta a súa Memoria 2024 e entrega as Medallas Pro Ecclesia
Foto: Obispado de Ourense

Tamén inclúe información económica que contribúe á transparencia sobre os recursos que fan posible esta labor.

O evento contou coa presenza de representantes das institucións civís, militares e eclesiásticas da provincia. Tamén tiverno lugar as actuacións musicais da Banda de Gaitas e Danzas de O Irixo, da cantante Marisabell Reyes e do alumnado de 6º de Primaria do colexio Sagrado Corazón do Carballiño.

Medallas Pro Ecclesia Diocesana 2025

Durante a xornada, o Bispo de Ourense, Monseñor Lemos Montanet, fixo entrega das Medallas Pro Ecclesia Diocesana 2025. Estas distincións recoñecen o compromiso e entrega de persoas e institucións destacadas polo seu labor pastoral e comunitario.

Foron distinguidos este ano:

  • Veciños de Santa Mariña de Retorta (Laza), pola súa exemplar implicación durante os incendios do pasado verán, protexendo a súa igrexa e axudando na defensa das vivendas afectadas.
  • Evaristo Castro Piñeiro, sancristán de Mesego (O Carballiño), pola súa dedicación, fe e servizo desinteresado á parroquia.
  • Colexio Plurilingüe Santo Ángel – Calasancias, no seu centenario, por cen anos de labor educativa en Ourense baseada en valores, coñecemento e fe.
  • Gregoria Rodríguez Blanco, laica aliada nacida en Meire (Allariz), por 25 anos de entrega á Delegación Diocesana de Catequese sen percibir compensación económica.
  • María Benita Rodicio, da parroquia de Santa Cristina de Caxide (Parada de Sil), pola súa implicación na conservación e coidado do templo e pola súa vida de servizo e fe.
  • Rosa María Carrasco Araújo, de Nocedo do Val, por décadas de colaboración en Verín e na pastoral xuvenil diocesana.
  • Irmandade Penitencial e Confraría da Vera Cruz do Carballiño, polo impulso e recuperación das tradicións da Semana Santa, recentemente recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia.

O Bispo, Monseñor Lemos Montanet subliñou que estas medallas “recoñecen a fe feita servizo, a entrega cotiá e o amor á Igrexa que tantas persoas testemuñan no silencio do día a día”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.