O mercado de Nadal de Aspanas abriu as súas portas este 23 de novembro no Centro Comercial Pontevella para visibilizar o traballo das persoas con discapacidade intelectual e dar a coñecer os proxectos da entidade.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e representantes de todos os grupos políticos municipais asistiron este mediodía á inauguración do Mercadiño solidario de Nadal da Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspanas).
Aspanas celebra o seu tradicional mercado de Nadal en Ourense
O mercado permanecerá aberto ao público ata o venres 27 de novembro, no segundo andar do Centro Comercial Pontevella, fronte ás escaleiras mecánicas de acceso ao terceiro.

Durante a visita, Manuel Pardo puxo en valor o traballo que realizan os usuarios e profesionais da asociación e destacou a importancia destas iniciativas para visibilizar as capacidades das persoas con discapacidade intelectual.
O delegado tamén lembrou a colaboración da Xunta de Galicia coas entidades do terceiro sector para impulsar unha atención de calidade ás persoas con discapacidade.

