Eventos

Barbadás celebra o Mes do Libro cunha homenaxe a Martín Gaite

A Biblioteca Pública de Barbadás deu o pistoletazo de saída á programación cultural do Mes do Libro, unha iniciativa coa que o Concello busca poñer en valor a literatura durante todo abril, máis alá do habitual festexo do Día do Libro, o 23 de abril.

Durante as próximas semanas, a cidadanía poderá desfrutar dunha ampla variedade de propostas como contacontos, teatro de monicreques, exposicións e postos de librarías, que converterán a lectura na gran protagonista deste mes.

Barbadás celebra o Mes do Libro cunha homenaxe a Martín Gaite

Este 2025, a programación ten un marcado acento homenaxe, xa que se celebra o centenario do nacemento de Carmen Martín Gaite. A lembranza da escritora, estreitamente vinculada ao lugar de San Lourenzo de Piñor, estará moi presente nas actividades previstas. Entre elas, destaca unha mostra situada nas instalacións da Biblioteca na que se repasa a súa traxectoria literaria e a súa relación persoal con Barbadás.

Cómpre lembrar que o Concello impulsa desde 2023 un paseo literario guiado por Piñor, conducido polo investigador David González. Este paseo convida a mergullarse nos espazos que inspiraron a autora.

Outra das propostas singulares deste mes é a entrega da axenda 2025 “Piñor, lugar literario” a todas aquelas persoas que realicen un préstamo na Biblioteca. A publicación recolle reflexións, citas e fragmentos das obras de Martín Gaite, converténdose nun agasallo con alma literaria.

A creatividade tamén terá o seu espazo grazas ao bookface colectivo, unha actividade na que a veciñanza está convidada a crear fotografías nas que a cuberta dun libro se integre co contorno que o rodea. As imaxes poden enviarse ao correo da biblioteca ata o 21 de abril. Co material recibido, o persoal municipal elaborará un vídeo que se difundirá a través das redes sociais do Concello.

Con estas propostas, Barbadás reafirma o seu compromiso coa cultura e co fomento da lectura, nun mes que mestura lembranza, participación e creatividade.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.