Baixo o lema “Non á mina de Doade”, o BNG e ADEGA organizan un acto informativo sobre os perigos do proxecto mineiro de Doade (Beariz).
A cita contará coa participación de Noa Presas, deputada do BNG no Parlamento de Galiza, e Daniel Vispo, membro da directiva de ADEGA, Presas e Vispo explicarán os efectos negativos sobre o territorio, a auga e a poboación local.
BNG e ADEGA alertan do impacto da mina de Doade
O BNG denuncia que a empresa Recursos Minerales de Galicia, filial do Grupo SAMCA, pretende explotar máis de 13 hectáreas durante 42 anos na parroquia de Beariz. A produción desta mina sería de, cunha produción anual de 93.000 toneladas de concentrado de litio. A formación nacionalista alerta de que este modelo responde a intereses coloniais e da industria militar europea, sen garantir beneficios reais para a comarca.
Segundo denuncian, a mina afectaría directamente ao río Doade, afluente do Avia, que desemboca no Miño. Esta situación ameazaría ecosistemas fráxiles e zonas protexidas da Rede Natura 2000. Ademais, critican a falta de rigor nos informes ambientais presentados pola empresa, que xa motivaran a paralización inicial do proxecto pola Xunta en 2020.

O BNG busca con este acto mobilizar á veciñanza para defender os recursos naturais das comarcas do Arenteiro e o Ribeiro.