Noticias

A MIT 2024 comeza cun cheo absoluto

A edición da MIT 2024 comeza cun cheo absoluto na representación do espectáculo Dique que Nova Galega de Danza representou no Auditorio do Castelo.

As cifras de venta de entradas para a 40ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia anticipan un respaldo absoluto á programación deste ano.

A MIT 2024 comeza cun cheo absoluto

Na xornada inaugural, o Director da MIT, Roberto Pascual, quixo reivindicar a importancia desta Mostra e pediu un cambio no modelo de política cultural en Galicia.

«A Mostra de Ribadavia está quizais no seu mellor momento da historia e isto non é nin por unha teima illada, nin por un acaso nin por unha responsabilidade individual», indicou Roberto Pascual.

A MIT 2024 comeza cun cheo absoluto
Foto: MIT de Ribadavia

Tamén engadiu Roberto Pascual durante o discurso de presentación que «a MIT foi e será sempre festa revolucionaria, escenario irredento, acción artística con compromiso social, cultura de coidados e acompañamento, planificación sustentable, esixencia e ambición dunha nova visión da cultura para os nosos tempos. A MIT, símbolo e guieiro da cultura escénica con raíz e aberta ó mundo. A cultura como dereito e motor de igualdade».

Botón volver arriba