Noticias

Moción para regular o uso de vehículos oficiais na Deputación

O grupo do PSdeG-PSOE presentará unha moción para regular o uso de vehículos oficiais na Deputación de Ourense.

«Pensamos que a adopción deste tipo de medidas para o uso do parque móbil, nomeadamente os coches oficiais, redundará nunha mellor rendición de contas e transparencia, pero tamén nuns máis elevados índices de sustentabilidade financeira, responsabilidade e lealdade institucional, e un maior respecto polo medio ambiente«, indica o voceiro socialista Álvaro Vila.

Moción para regular o uso de vehículos oficiais na Deputación

O parque móbil da Deputación de Ourense conta, segundo datos do ano 2019, con uns 100 turismos e furgonetas e máis de 200 vehículos pesados e maquinaria.

Moción para regular o uso de vehículos oficiais na Deputación

Álvaro Vila tamén destacou a diferenza entre a xestión dos vehículos que utilizan os traballadores e os utilizados polas autoridades. «Se ben para a utilización dos vehículos destinados aos traballadores si se teñen adoptado medidas de control interno, como o seguimento GPS, no concernente ao uso dos vehículos por parte de autoridades e cargos electos non se ten feito nada, e estes seguen a ser empregados de xeito discrecional, con opacidade, sen que conste a existencia dalgún tipo de control que permita certificar con transparencia o seu uso apropiado e eficiente«.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.