Eventos

Moreiras acollerá a 1ª festa da cervexa artesán

A localidade de Moreiras acollerá a 1ª festa da cervexa artesán o sábado, 3 de setembro, organizada pola asociación Os Sabuleiros.

A cervexa artesán será o ingrediente principal que motiva este evento que nace co claro obxectivo de promover produtos artesáns.

Moreiras acollerá a 1ª festa da cervexa artesán

A 1ª Feita da Cervexa Artesán celebrarase en San Pedro de Moreiras (Toén) ao longo da Rúa Real coa participación xa confirmada de varios postos.

Entre as cervexas que poderemos atopar nesta feira destacan dúas producidas no concello de Toén. Abilia de Toén e Celebridade Galega de Toén compartirán espazo con outras cervexas de renome como Madroa de Vigo.

Moreiras acollerá a 1ª festa da cervexa artesán

Nesta feira tamén haberá espazo para outros artesáns. Os asistentes poderán coñecer produtos como as lambetadas de Lambeteiros, xabón artesán Carqueixas ou aceite galego de Bagoas do Envero. Para completar a xornada, a organización xa ten confirmada a participación dos grupos musicais Vapores das Burgas e Ad Heyra Liti.

A 1º Feira da Cervexa Artesán nace coa clara intención de continuidade para servir de pulo a produtos locais de calidade e artesáns.

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba