O concello de Muíños xa ten candidato socialista á alcaldía ó anunciarse a candidatura de José luis Rodríguez Dobaño que repite como cabeza de lista.
Nas eleccións do vindeiro mes de maio, Rodríguez Dobaño aspira a «liberar os veciños e veciñas da situación caciquil na que viven».
Muíños xa ten candidato socialista á alcaldía
Entre os principais obxectivos a acadar, o candidato á alcaldía nomea «a continuidade da autovía de Celanova ata a fronteira de Portugal e crear unha área empresarial para a Baixa Limia». Rodríguez Dobaño mostra «a necesidade de liberar a Muíños do caciquismo, do medo, da falta de liberdade, da desilusión, da desigualdade e da falsidade a que estamos sometidos».