Noticias

Chegan a Ourense 27 nenos saharauís para pasar o verán con familias acolledoras

Un total de 27 nenas e nenos saharauís pasarán o verán en Ourense grazas ao programa de Vacacións en Paz, promovido pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS).

Este luns chegaron os primeiros 14 menores e este martes está prevista a chegada doutros 13 ao redor das 12:30 horas ao intercambiador de buses da rúa Progreso, fronte á Alameda.

Chegan a Ourense 27 nenos saharauís para pasar o verán con familias acolledoras

As crianzas, procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf (Alxeria), pasarán dúas meses con familias acolledoras da provincia, ofrecéndolles unha pausa das duras condicións climáticas e sociais do deserto do Sáhara.

Chegan a Ourense 27 nenos saharauís para pasar o verán con familias acolledoras
Foto: SOGAPS

Durante a súa estadía recibirán atención médica, realizarán actividades lúdicas e culturais e compartirán experiencias de convivencia e solidariedade.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.