Comeza unha nova edición do programa Contadas no Parque que organiza o concello de Barbadás con motivo da celebración das Letras Galegas.
Achegar á cidadanía ó mundo literario a través da narración é o obxectivo desta actividades que se desenvolverá todos os xoves do mes de maio no parque da Casa de cultura.
Nova edición de Contadas no Parque en Barbadás
- Trémola Teatro coa narración » O mundo ó revés»
9 de maio ás 18:30h - A Xanela do Maxín coa narración » Lúa quere viaxar a Marte»
16 de maio ás 18:30h - Caxoto coa narración «Grandes éxitos 2004-2024»
23 de maio ás 18:30h - Talía Teatro coa narración «Rosa Caramelo e outras historias»
30 de maio ás 12h (para alumnado dos colexios)
Os interesados en participar terán que realizar unha inscrición previa.