Este domingo terá lugar unha nova manifestación en defensa da Sanidade Pública no Carballiño a partir das 12:30h.
Este acto está organizado pola Plataforma en defensa da Sanidade Pública que reivindica a mellora dos servizos sanitarios na comarca.
Nova manifestación en defensa da Sanidade no Carballiño
Entre as reivindicacións que defenden atópase a ausencia dun pediatra, o atraso de máis dun mes para facer unha analítica, a falta de profesionais sanitarios ou a ausencia dunha máquina de raios.