Noticias

A nova sede de Por Eles TEA reforza o apoio ás familias

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, participou esta mañá na inauguración da nova sede da Asociación Por Eles TEA, situada na cidade de Ourense.

Durante o acto, Santos felicitou á entidade pola súa “ilusión e labor diario”, e puxo en valor o seu compromiso coas persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e coas súas familias.

A nova sede de Por Eles TEA reforza o apoio ás familias

O representante do Goberno subliñou que o traballo de colectivos como Por Eles TEA é “imprescindible para moitas persoas con TEA e tamén para sensibilizar a sociedade”. Engadiu ademais que “as Administracións precisan destas entidades como interlocutores para chegar a todos os cidadáns e promover políticas máis inclusivas”.

A nova sede de Por Eles TEA reforza o apoio ás familias
Foto: Subdelegación do Goberno

Santos lembrou que o Goberno está a desenvolver a Estratexia Española en Trastorno do Espectro Autista, cun investimento total de 40 millóns de euros, destinada a impulsar a inclusión laboral, mellorar a atención temperá e fomentar a investigación neste ámbito.

A inauguración da nova sede representa un novo paso no fortalecemento do tecido asociativo ourensán e na creación de espazos de apoio, orientación e acompañamento ás persoas con TEA e ás súas familias.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.