O BNG de Celanova pide «un respecto para o Curros» e a revisión dos tramites realizados polo concello para autorizar a un establecemento a colocación dunha carpa sobre a estatua de Curros Enríquez.
Membros do Bloque Nacionalista Galego despregaron unha pancarta para reclamar unha mellor ordenación do espazo público e a protección do patrimonio.
O BNG de Celanova pide «un respecto para o Curros»
«Un respecto para o Curros» é o lema que move esta iniciativa. Ademais de repartir follas informativas, os membros do BNG tamén mantiveron conversas cos responsables do establecemento que instalou a carpa. A obriga de defender o patrimonio como ferramenta para acadar oportunidades de negocio para os establecementos comerciais e hostaleiros de Celanova é a xustificación principal que se lle explicou ós afectados.