Noticias

Piden a retirada da carpa que cubre a estatua de Curros Enríquez

Piden a retirada da carpa que cubre a estatua de Curros Enríquez en Celanova por constituír unha desconsideración absoluta ó «legado histórico cultural».

O BNG de Celanova solicita ó goberno municipal que proceda a retirar a carpa que un establecemento de hostalaría instalou para crear unha terraza.

Piden a retirada da carpa que cubre a estatua de Curros Enríquez

A estatua de Curros Enríquez, situada nos xardíns fronte a Alameda, foi inaugurada en 1951. A autorización para a instalación da carpa e cubrir a estatua de Curros supón «unha mostra do desleixo intolerábel deste goberno municipal a respecto do patrimonio histórico e cultural de Celanova».

Esta situación supón en opinión do BNG de Celanova «unha nova agresión ao patrimonio histórico cultual da vila». O uso indiscriminado do Claustro Barroco, a ocupación indiscriminada de lugares públicos en ausencia dunha relugación e a ocultación da estatua de Curros Enríquez supoñen «un desprezo ao dereito á cultura e ao patrimonio de toda a veciñanza de Celanova».

Botón volver arriba