O BNG pide crear novos xulgados en Ourense que permitan asumir a enorme carga de traballo que existe nestes momentos.
Nunha rolda de prensa, dous destacados membros do BNG informaron sobre a situación dos Xulgados en Ourense.
Luis Seara, candidato do BNG á alcaldía de Ourense indicou que «nos últimos 15 anos a planta xudicial ourensá apenas sufriu variacións».
O BNG pide crear novos xulgados en Ourense
As únicas modificacións foron «a creación dun Xulgado de Primeira Instancia e dun novo Xulgado do Social, alén dunha praza de maxistrada para a sección civil». Este aumento «que pretendían dar resposta ás necesidades e demandas da sociedade ourensán, resulta evidente que a día de hoxe é insuficiente».
Iago Tabarés incidiu en que «atopamos xulgados que soportan unha extraordinaria carga de traballo. Este volume de traballo é «moi superior á que o propio Consello Xeral do Poder Xudicial considera como límite máximo para o correcto funcionamento dun xulgado».
Esta sobrecargo de traballo é especialmente visible no Xulgado de Familia. A pesar da incorporación dun Xuíz de Apoio, a carga de traballo deste Xulgado é moi superior á recomendada. Con máis de 2.000 asuntos rexistrados cada ano, este Xulgado supera amplamente os 1.323 asuntos que recomenda o Goberno do Poder Xudicial.
Ante esta situación, Iago Tabarés indica que «pediremos que o Parlamento galego, inste á Xunta de Galiza e ao Goberno do Estado á ampliación da planta xudicial do Partido Xudicial de Ourense». A solicitude fai referencia á «creación dun novo Xulgado de Primeira Instancia, dun novo Xulgado do Penal e dun novo Xulgado de violencia sobre a muller».