O Mercado do Xurés abre este domingo, 2 de outubro, as súas portas como é habitual cada primeiro domingo de mes.
Neste evento que se celebra no concello de Bande atoparemos algúns dos mellores produtos da zona. Artesanía e gastronomía local que garante a mellor calidade.
Dende as 11 ás 15h, o Mercado do Xurés abre as súas portas coa participación de:
- Queixos A Montaña de Entrimo
- Artesanía en madeira Domingo Ribao
- Panadería Panalén
- Mel Martínez
- Bolillos Carmen
- Xoias Lentas
- Pilar Xoias
