Eventos

Festa do Peixe 2024 en Bande

A Festa do Peixe deste 2024 que se celebra no concello de Bande reunirá de novo a centenares de persoas os días 24, 25 e 26 de maio.

Esta Festa, declarada de Interese Turístico de Galicia chega este ano a súa 53ª edición cunha ampla programación de actividades.

Festa do Peixe 2024 en Bande

Entre as actuacións previstas na edición de 2024 da Festa do Peixe de Bande atopamos a presenza da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e varias charangas. Tamén está prevista a presenza do actor e humorista Isi para ofrecer o Pregón desta festa.

Non faltarán tampouco os tradicionais pinchos que se poderán degustar na Praza da Constitución.

Programación da Festa do Peixe 2024

Festa do Peixe 2024 en Bande

Venres, 24 de maio

  • 20:30h – Inauguración oficial LIII Festa do Peixe coa actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense
  • 21h – Pregón a cargo de Isi, actor, humorista e presentador da TVG
  • 21:30h – Actuación dunha charanga
  • 23:30h – DJ Tibu + DJ Giovanni

Sábado, 25 de maio

  • 10:30h – Pasarrúas coa Charanga de Bande
  • 16h – Coreografías de patinaxe, carreiras de velocidade, saltos e partido de Hockei no Pavillón de deportes.
  • 19h – Entrega de premios do Concurso Peixiños no Salón de Actos
  • 19:30h – Espectáculo infantil «O León Azul» no Salón de Actos
  • 20:30h – Actuación dunha charanga na Praza da Constitución
  • 23h – Actuación da Orquestra Los Españoles na Praza da Constitución
  • 03:00 – Actuación da Discomóbil DMR

Domingo, 26 de maio

  • 8h – Xuntanza de pescadores participantes no Campionato de Pesca
  • 10:30h – Pasarrúas cua charanga Os Bandiños
  • 12h – Procesión e Misa Solemne
  • 18h – Actuación da Charanga Támega na Praza da Constitución
  • 19:30h – Degustación de peixes, empanadas e pan artesanal do forno de Vilar de Bande

Programa da Festa do Peixe en pdf

Botón volver arriba