Noticias

Bande mellora a contorna da Reitoral de Santa Comba

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou Bande xunto coa alcaldesa, Sandra Quintas, para comprobar o resultado das obras de humanización da contorna da Reitoral de Santa Comba.

Esta sobras están financiadas por Turismo de Galicia con preto de 30.000 euros.

Bande mellora a contorna da Reitoral de Santa Comba

A actuación permitiu habilitar unha zona de estacionamento para visitantes dentro da parcela da reitoral, ao abeiro das axudas de 2025 para a mellora das infraestruturas turísticas en concellos de menos de 10.000 habitantes.

Bande mellora a contorna da Reitoral de Santa Comba
Foto: Delegación da Xunta.

Durante a visita, Pardo destacou que a Xunta destinou máis dun millón de euros a 35 concellos da provincia de Ourense a través desta convocatoria, dotada con 2 millóns de euros, co obxectivo de impulsar un turismo baseado na calidade, a accesibilidade e a sustentabilidade, ademais de poñer en valor os recursos patrimoniais e turísticos dos municipios.

Botón volver arriba