O Museo da Gaita de Fole converterase este sábado, 26 de abril, nun espazo de creatividade e tradición para os máis pequenos.
En horario de 16:00 a 19:00 horas, celebrarase un obradoiro infantil para construír un maio artístico, unha actividade organizada pola Concellería de Turismo.
O Museo da Gaita acolle un obradoiro infantil de maios
Dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, o obradoiro propón unha experiencia participativa con dobre obxectivo. Por unha banda, fomentar a creatividade e as habilidades manuais mediante o uso de elementos naturais; e por outra, achegar aos máis pequenos á tradición dos Maios, unha das festas máis representativas da primavera en Galicia e profundamente enraizada na cultura ourensá.

A actividade busca transmitir o valor patrimonial desta celebración popular, na que as figuras vexetais adornadas con flores e verdes simbolizan a chegada da primavera. A través da construción dun maio artístico, o público infantil aprenderá de maneira lúdica a importancia desta manifestación cultural que segue viva grazas ao compromiso coa tradición.