Noticias

Aprobadas as melloras na pasarela do Vao e no núcleo da Lonia

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta semana os expedientes para contratar as obras de rehabilitación da pasarela do Vao e de mellora, acondicionamento e humanización do núcleo da Lonia.

Estes dous proxectos superan conxuntamente os 1,6 millóns de euros e buscan reforzar a mobilidade peonil e revitalizar espazos urbanos.

Aprobadas as melloras na pasarela do Vao e no núcleo da Lonia

A primeira das intervencións será a rehabilitación da pasarela do Vao. Esta infraestrutura que conecta o centro da cidade co barrio da Ponte contará cun orzamento base de licitación de 768.345,70 euros. O prazo de execución será de catro meses. A proposta pretende recuperar esta estrutura peonil sobre o Miño, afectada polo paso do tempo e o seu uso continuado.

Aprobadas as melloras na pasarela do Vao e no núcleo da Lonia
Foto: Concello de Ourense

Os traballos previstos inclúen a mellora do pavimento, a adecuación das varandas, a renovación da iluminación. Tamén suporá intervencións no taboleiro e nos estribos e a eliminación de diversas patoloxías estruturais que actualmente afectan ao seu estado.

O segundo proxecto abrangue a mellora, acondicionamento e humanización do núcleo da Lonia, cun orzamento de 852.821 euros e un prazo de seis meses. A actuación está orientada a transformar este ámbito nun espazo máis accesible, ordenado e orientado á convivencia veciñal.

Publicaciones relacionadas

As obras contemplan a renovación das infraestruturas básicas (saneamento, abastecemento, baixa tensión, iluminación pública e telefonía), xunto coa execución dunha nova pavimentación adaptada ás características e tipoloxías de cada zona. Ademais, búscase reducir a presenza de vehículos, crear novos espazos de encontro e reforzar o protagonismo dos peóns para mellorar a calidade de vida no barrio.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.