Noticias

A Oficina de Estranxeiría de Ourense reforza a atención á cidadanía polo novo regulamento

A Oficina de Estranxeiría da Subdelegación do Goberno en Ourense reforzou desde hoxe o seu servizo de atención á cidadanía, coincidindo coa entrada en vigor do novo Regulamento de Estranxeiría.

Así o anunciou o subdelegado do Goberno, Eladio Santos, tras manter unha reunión coa xefa da Oficina de Estranxeiría, Josefina Rodríguez.

A Oficina de Estranxeiría de Ourense reforza a atención á cidadanía polo novo regulamento

A medida supón unha reorganización temporal das funcións do persoal co obxectivo de dar resposta a un posible aumento da demanda de información por parte da cidadanía. Segundo explicou Santos, «non se prevén aglomeracións, en función das solicitudes de cita«, pero decidiuse manter abertos tódolos despachos de atención para garantir a dispoñibilidade en caso de incremento da afluencia.

Con todo, esta mañá o servizo funcionaba con normalidade e cun número de persoas menor do agardado.

A Oficina de Estranxeiría de Ourense reforza a atención á cidadanía polo novo regulamento

O subdelegado destacou que o novo Regulamento de Estranxeiría busca “garantir a seguridade xurídica dos inmigrantes a través de tres eixos fundamentais: a familia, o traballo e a formación”. Esta normativa, recentemente aprobada, pretende ofrecer unha maior protección e claridade legal ás persoas migrantes en situacións diversas.

Ademais, Santos lembrou que o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática anunciou a incorporación de 750 novos empregados públicos nas Delegacións e Subdelegacións do Goberno de toda España, «unha dotación sen precedentes«. Estes reforzos aplicaranse de maneira progresiva, en función da evolución das cargas de traballo en oficinas como a de Ourense.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.