Eventos

Ourencanto reunirá cerca de 2.000 voces

O encontro de coros infantís, xuvenís e escolares «Ourencanto» reunirá nos próximos días cerca de 2.000 voces baixo a dirección de Josu Elberdin.

Desde o 5 ó 8 de abril de 2024, as voces de Ourencanto resoarán grazas á colaboración das entidades públicas e privadas que apoian este proxecto.

Ourencanto reunirá cerca de 2.000 voces

Na presentación do festival estiveron presentes o vicepresidente segunda da Deputación, César Fernández, o produtor de Ourencnato, Carlos Núñez, a directora técnica, Cristina Rodríguez, e a concelleira de Artes e Festexos, Noa Rouco.

Foto: Deputación de Ourense

O acto central deste encontro terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense o domingo, 7 de abril, a partir das 19h cun concerto no que participarán todos os mozos e mozas desta edición.

Ourencanto reunirá cerca de 2.000 voces

Desde a primeira edición, realizada no ano 2017, Ourencanto foi medrando de xeito continuado en número de participantes. Fomentar e difundir o canto coral en idades entre os 8 e os 18 anos é un dos principais obxectivos da organización.

Botón volver arriba