Ourense acolle a segunda edición de GRATIA PLENA, un festival en feminino na Capela de Santo Angel.
A Fundación Santa Marina de Temes anuncia a segunda edición de GRATIA PLENA, un festival dedicado a destacar o talento das mulleres artistas.
Ourense acolle a segunda edición de GRATIA PLENA
O evento terá lugar os domingos 23 e 30 de marzo na fermosa Capela de Santo Ángel, situada no barrio do Couto, en Ourense. Este espazo, coñecido polo seu valor patrimonial, converterase no escenario de dúas actuacións únicas que combinan música, poesía e ciencia.
O festival dará comezo o domingo 23 de marzo ás 12:00 coa actuación de Estíbaliz Espinosa, artista multidisciplinar que explorará a conexión entre a música, a poesía e a ciencia, prometendo unha experiencia inmersiva para os asistentes.
A segunda cita será o domingo 30 de marzo ás 12:00, cando a guitarrista Isabel Rei Samartim tomará o relevo para ofrecer un concerto que buscará resaltar a beleza da música a través das cordas.

GRATIA PLENA preséntase como unha oportunidade única para descubrir e valorar o traballo das mulleres no mundo artístico, todo isto nun marco incomparable como é a Capela de Santo Angel.