O Ourense Atletismo acadou un dobre ouro no Campeonato de España de Marcha de Invierno de Promoción e 10 km Máster.
Este campionato celebrouse esta fin de semana no Barco de Valdeorras, cunha destacada actuación das súas atletas.
Dobre ouro do Ourense Atletismo no Estatal de Marcha
Na proba de 5 km sub18, Icía Ares proclamouse campioa de España cun tempo de 23:37, impoñéndose con claridade á segunda clasificada, Laura García Montes, do Atletismo Mitreo, á que superou por case medio minuto.

A segunda medalla de ouro chegou da man de María Grande Outomuro, vencedora no 10 km da categoría F50 cun rexistro de 1:01:30. A atleta do Ourense Atletismo aventaxou en 1 minuto e 14 segundos á segunda clasificada, María del Mar Otero, nunha carreira moi esixente.
Na mesma proba F50, Soledad Pousa quedou ás portas do podio ao rematar na cuarta posición. Cun tempo de 1:05:19, logrou a coñecida medalla de chocolate. A terceira praza quedou a 1:02 da súa marca, nun resultado condicionado polas dúas flexións que lle foron sinaladas durante a competición.
Con estes resultados, o Ourense Atletismo pecha un campionato estatal de inverno para o recordo, reafirmando o seu protagonismo na marcha atlética a nivel nacional e situando a Valdeorras no mapa do atletismo español.