Deportes

O Ourense Atletismo brilla no Galego de Cros

O Campionato Galego de Cros confirmou o excelente momento do Club Ourense Atletismo, que asinou unha actuación de alto nivel cun total de seis medallas individuais e dous podios por equipos, dos tres que presentou.

O resultado reforza o bo traballo do club tras a recente medalla acadada nos Campionatos de España.

O Ourense Atletismo brilla no Galego de Cros

Na clasificación por equipos, o club ourensán subiu ao podio en dúas categorías.

O Ourense Atletismo brilla no Galego de Cros
Foto: Club Ourense Atletismo

O conxunto absoluto feminino proclamouse subcampión galego, mentres que o equipo sub18 feminino logrou o título autonómico. Ademais, o cadro sub16 feminino pechou a súa participación cun meritorio oitavo posto.

A nivel individual, os resultados tamén foron destacados. Sabela Castelo asinou unha actuación impecable para facerse co ouro sub18, acompañada no podio por Irma Veiguela, que foi segunda na mesma categoría. Naroa Pereira conseguiu o bronce sub20, mentres que Mario Lorenzo rematou terceiro sub18.

No cros absoluto, Itziar Manso colleitou a medalla de bronce, ao igual que Leyla Villar, terceira na categoría sub23, completando así un balance moi positivo para o Club Ourense Atletismo.

O medalleiro puido ser aínda máis amplo, xa que Usúe Bernárdez (sub18) e Susana Padrón (sub20) quedaron ás portas do podio, cunha cuarta praza nas súas respectivas probas.

Botón volver arriba