Noticias

Ourense axiliza licenzas cun convenio co COAG

Ourense asinou este martes un convenio de colaboración estratéxico co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) para axilizar e simplificar a tramitación de licenzas urbanísticas.

O acordo foi rubricado polo alcalde de Ourense, Gonzalo G. Jácome, e polo concelleiro de Urbanismo, Francisco Lorenzo, xunto co decano do COAG, Luciano González Alfaya, e a delegada en Ourense, Emma Noriega.

Ourense axiliza licenzas cun convenio co COAG

A primeira prioridade do convenio céntrase na interoperabilidade das plataformas dixitais do Concello e do COAG.

Ourense axiliza licenzas cun convenio co COAG
Foto: Concello de Ourense

Esta conexión permitirá reducir tempos e custos, facilitar os trámites tanto á cidadanía como aos profesionais. Tamén permite avanzar nos obxectivos de sustentabilidade ambiental, ao eliminar por completo o uso do papel e mellorar a eficiencia enerxética dos procesos administrativos.

Durante a sinatura, o alcalde e o decano coincidiron en destacar que o acordo supón un paso decisivo para acurtar os prazos na concesión de licenzas, unha demanda recorrente no sector. Segundo sinalaron, esta medida contribuirá a dar resposta ás necesidades de vivenda, favorecer a activación comercial e impulsar o desenvolvemento urbano de Ourense.

Transparencia e eficacia

A posta en marcha deste sistema reforza o compromiso do Concello de Ourense coa transparencia e a eficacia na xestión urbanística. A interoperabilidade garante que cada expediente chegue correctamente asinado e conforme á normativa desde o inicio, o que reduce de forma notable os tempos de revisión técnica e achega maior seguridade xurídica a todo o procedemento.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.