Noticias

Ourense celebra o Abril Republicano 2025 cunha semana de actos

A asociación Amigos da República organiza unha serie de actividades en Ourense para conmemorar o Abril Republicano 2025.

Os eventos terán lugar do martes 1 ao domingo 6 de abril, concluíndo cunha homenaxe no Memorial Republicano do cemiterio de San Francisco.

Ourense celebra o Abril Republicano 2025 cunha semana de actos

O cartaz oficial deste ano foi creado polo pintor Baldomero Moreiras. O programa inclúe conferencias, proxeccións audiovisuais, actos memoriais e unha cea festiva.

Ourense celebra o Abril Republicano 2025 cunha semana de actos

Programa de actos

Martes, 1 de abril – Biblioteca Pública Nós (19:30 h)
Conferencia: Bibliotecarios en guerra: República, lectura socializada e represión franquista (1931-1942), a cargo de Francisco Javier Redondo Abal.

Xoves, 3 de abril – Casa da Cultura – CineClube Padre Feijóo (20:30 h)
Proxección do documental La marsellesa de los borrachos (2024), dirixido por Pablo Gil Rituerto.

Venres, 4 de abril – Liceo de Ourense (20:00 h)
Conferencia: Campo das Laudas: Memorial da dignidade republicana en Cerdedo, impartida por Fernando Salgado Varela.
Liceo de Ourense (21:30 h)
Cea/Festa da República, con música en directo do grupo Os Fedellos de Loiro.

Domingo, 6 de abril – Cemiterio de San Francisco (12:00 h)
Acto de homenaxe aos republicanos represaliados, coa colaboración musical de Os Fedellos.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.