Noticias

Ourense instalará 23 estacións de alugueiro de bicicletas eléctricas

O Concello de Ourense instalará estacións de alugueiro de bicicletas eléctricas en 23 zonas da cidade co obxectivo de fomentar a mobilidade sustentable e impulsar o uso da bicicleta como medio de transporte urbano.

O goberno municipal xa definiu os emprazamentos e iniciou os traballos de instalación para que o servizo entre en funcionamento a comezos do próximo ano.

Ourense instalará 23 estacións de alugueiro de bicicletas eléctricas

As estacións estarán dotadas de servizo de recarga eléctrica e distribuiranse por distintos barrios e puntos estratéxicos da cidade. Os emprazamentos serán Oira, rúa do Vinteún, praza da Mariña, Vicente Risco, estación intermodal, A Chavasqueira, Vistafermosa, pavillón dos Remedios, As Lagoas, Universidade – campus de Ciencias, Universidade – campus de Humanidades, parque de San Lázaro, O Couto, Auditorio, Pena Trevinca, Bispo Cesáreo, xardín do Posío, Complexo Hospitalario, Barrocás, A Carballeira, A Farixa, Universidade Laboral e Pazo Paco Paz – Expourense.

Ourense instalará 23 estacións de alugueiro de bicicletas eléctricas

Ademais, 12 destes puntos contarán cunha estación de apoio sen recarga, situada en Oira, Vicente Risco, estación intermodal, Universidade – campus de Ciencias, Universidade – campus de Humanidades, xardín do Posío, pavillón dos Remedios, Barrocás, parque de San Lázaro, Auditorio, Bispo Cesáreo e Complexo Hospitalario.

O sistema municipal disporá dun total de 330 bicicletas eléctricas, repartidas en 35 estacións, que combinan puntos con e sen recarga. En conxunto, haberá 500 ancoraxes, das cales 350 permitirán a recarga das bicicletas.

Publicaciones relacionadas

O contrato de subministración foi adxudicado á empresa alemá Nextbike GmbH por un importe de 1.258.400 euros. O proxecto conta con financiamento europeo, xa que está parcialmente sufragado a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, con fondos Next Generation EU, mediante unha subvención concedida polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable.

A axuda económica ascende a 279.286,91 euros e intégrase no proxecto Move Ourense II, aprobado polo Concello, co que se busca avanzar cara a un modelo de cidade máis sostible, accesible e respectuoso co medio ambiente.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.