Noticias

Ourense recorda o exilio republicano coa obra de Carlos Velo

A Comisión Executiva Municipal (CEM) do PSdeG de Ourense celebrou este xoves un acto de homenaxe ás máis de 500.000 persoas que tiveron que abandonar España forzadas pola Guerra Civil e a represión franquista, coincidindo co Día das Vítimas do Exilio.

O evento contou coa colaboración da Fundación Carlos Velo (FCV) e tivo como eixo central a proxección de nove curtametraxes rodadas polo cineasta ourensán no seu exilio en México.

Ourense recorda o exilio republicano coa obra de Carlos Velo

A cita tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, con entrada libre ata completar aforo. No acto interviron Natalia González, secretaria xeral da CEM; Xosé Lois Carrión, secretario de Memoria da organización; e Armando González, membro da directiva da FCV e fundador da mesma.

Mantiveron viva a chama da democracia e contribuíron, co Goberno republicano no exilio, a erosionar a ditadura e recuperar a liberdade no noso país”, destacou González, tamén portavoz do grupo socialista no Concello de Ourense.

Ourense recorda o exilio republicano coa obra de Carlos Velo
Foto: PSdG de Ourense

Carrión subliñou que “os exiliados atoparon unha cálida acollida no continente americano, especialmente en México, que acolleu arredor de 50.000 españois fuxidos”. Entre eles, o cineasta Carlos Velo Cobelas, natural de Cartelle. Velo partiu ao exilio desde Saint Nazaire o 21 de abril de 1939 e chegou dúas semanas despois a Veracruz a bordo do buque Flandre.

No acto proxectáronse pezas fundamentais para recuperar a memoria colectiva do exilio republicano como:

  • Los niños del Morelia,
  • Éxodo, México 1939,
  • Lázaro Cárdenas,
  • Vida política,
  • Vida cotidiana,
  • Vida cultural,
  • Poetas sin retorno e
  • Adiós República.

Armando González, en representación da FCV, puxo o foco na figura do biólogo ourensán Carlos Velo e na importancia de preservar e difundir estas curtametraxes, testemuñas audiovisuais dun capítulo clave da historia recente.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.